O concello de Leiro busca un traballador para o servizo de axente TIC

O Boletín Oficial da Provincia fai pública hoxe a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha traballador/a para prestar servizo como axente TIC, cun contrato laboral por obra ou servizo determinado, de 3,5 horas diarias ata fin de obra. O lugar e prazo de presentación de instancias será no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 horas durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Publicidade