David Bruzos no Carballiño

David Bruzos, candidato ás eleccións do 12 de xullo por galicia en común-anova mareas, visita o Carballiño

Publicidade

VIDEO

O candidato ás eleccións galegas David Bruzos visitou o pasado sábado a vila do Carballiño no marco da campaña electoral do 12 de xullo. Nesta visita acercouse ó polígono industrial da Uceira para coñecer o tecido empresarial da zona e as condicións laboráis dos traballadores de GRI TOWERS. Neste sentido reseñou a necesidade dun novo gobernó autonómico que defenda as competencias da industria e o desenvolvemento de emprego, ademáis das condicións dignas dos traballadores galegos.

Ademáis desta visita, Bruzos visitou o centor da vila con outros compañeiros da súa candidatura dando a coñecer á veciñanza o proxecto que propoñen para Galicia dende Galicia En Común- Anova Mareas.