O BNG abre un espazo para a reflexión sobre o impacto da peonalización en Celanova e pide á veciñanza que se faga escoitar

  • As nacionalistas convocan a comerciantes e hostaleiros a unha primeira xuntanza este sábado (19.30) na Casa do Concello.

O BNG de Celanova convoca este sábado un encontro aberto con comerciantes e hostaleiros para unha posta en común sobre a situación actual do comercio e a hostalaría na vila, no contexto de pandemia e despois de seis meses de implantación dunha peonalización que está a recibir críticas.

O BNG abre este espazo para a reflexión despois de ter recibido queixas da veciñanza sobre a necesidade de que se escoiten as súas opinións e inquedanzas, e anima a comerciantes e hostaleiros a falar e ser escoitados. “Non temos ningunha disposición de partida máis que esa: escoitar, recibir as opinións e ver que podemos facer entre todas”, explica o portavoz nacionalista, Leopoldo Rodríguez, que esta semana, con compañeiras do BNG, visitou varios establecementos da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

O BNG aclara que este é un encontro cun carácter “sectorial”, para comercio e hostalaría, dado que son dos actores máis afectados polos efectos da peonalización e cunhas problemáticas homoxéneas, e que eventualmente se convocarán nas próximas semanas reunións con outros actores para atender outras demandas da veciñanza, tamén afectada.

ENCONTRO ABERTO CO COMERCIO E A HOSTALARÍA

Sábado, 5 de febreiro. 19:30 horas. Salón de Arcos, Casa do Concello de Celanova.