A Xunta licita por 502.000 euros as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais no núcleo da Derrasa en Pereiro de Aguiar

Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Ourense anunciou  o inicio da contratación dos traballos  na súa visita ao concello

Publicidade
  • Gabriel Alén explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis 402.000 euros, no marco dun convenio de colaboración co concello que aportará 100.000 euros
  • A intervención prevista ten como obxectivo renovar as infraestruturas de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais no núcleo da Derrasa coa fin de aumentar a eficiencia destes servizos, pois os actuais elementos están deteriorados

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, o núcleo da Derrasa, para anunciar a licitación das obras de abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais que suporá un investimento de máis de 502.000euros.

Concretamente, segundo explicou o delegado territorial, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis 402.000 euros, un 80% do orzamento, no marco dun convenio de colaboración co Concello, que achegará 100.000 euros, o 20% restante

Gabriel Alén explicou que o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas na execución destes traballos remata o 30 de agosto, e que o proxecto, cun prazo de execución de 4 meses, será financiado no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de COVID-19.

A intervención prevista ten como obxectivo renovar as infraestruturas de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais no núcleo da Derrasa coa fin de aumentar a eficiencia destes servizos, pois os actuais elementos están deteriorados.

As obras incluirán a disposición de novas canalizacións en ambas as marxes da estrada OU-536. Á altura do punto quilométrico 7+940 está previsto que as redes crucen a estrada autonómica para conectar os colectores das dúas marxes.

O destino final da rede de residuais é a depuradora da Derrasa e as pluviais vértense nunha zona próxima, no río Lonia.