As altas das últimas horas estabilizan os casos activos do Carballiño nunha vintena

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 35, unha cifra que se balancea pola evolución de Maside e do Carballiño.

No Carballiño, hoxe os datos manteñen un total de 20, os mesmos ca na xornada de onte. Aínda que a cifra total se mantén, as altas das últimas horas son as que manteñen as cifras estables, pero segue habendo novos contaxios. Onte rexistrábanse 15 casos novos nos últimos 14 días e hoxe esa cifra sobe ós 20 casos. Maside baixa ós 11 casos, dous menos ca onte.

Boborás mantén dous casos activos, a mesma cifra ca onte.

PUBLICIDADE ELECTORAL

San Cristovo de Cea conta cun positivo, igual ca Piñor, que mantén un positivo dende o pasado venres logo de levar tempo libre de covid. E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.