O viveiro empresarial do Carballiño albergará tres empresas

O polígono empresarial do Carballiño conta xa coas instalacións dun viveiro empresarial, o primeiro deste municipio. Así, coa axuda económica da Xunta de Galicia, pronto será unha realidade para o emprendemento. O espazo será para tres empresas, de tamaño medio. O único custo que terán que asumir serán os gastos correntes.

O concello xa conta cunhas bases para a adxudicación desas tres vacantes. Todos aqueles que estean interesados contan cun período de tres anos para desenvolver o proxecto con garantías e poder voar sos. As bases serán públicas en breve, e as obras están a piques de rematar.

AVANTAR ACTIVIDADES