Xantar despide a súa 27ª edición reivindicando a gastronomía como motor do desenvolvemento rural e turístico

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

‘Xantar 2026’ pechou esta tarde as portas da súa 27ª edición poñendo fin a catro días de intensa actividade, traballo e confraternización nos que 74 expositores deron a coñecer os seus recursos turísticos e gastronómicos e nos que Portugal destacou como país invitado. O salón contou cun programa con máis de 100 actividades repartidas en 2 aulas gastronómicas, 1 aula de catas comentadas e unha aula dedicada en exclusiva ás actividades de Estrella Galicia.

Talleres de cociña, degustacións e catas estiveron completas desde o primeiro día ata o último e que contaron cun total de máis de 5.000 asistentes. Rogelio Martínez explicou que “Xantar é xa moito máis que un lugar onde comer ou cear con menús completos e de calidade. É un punto de encontro e de formación”. En total, o salón rexistrou 12.000 visitas durante os catro días de celebración do salón.

O acto de clausura de hoxe estivo presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que fixo fincapé no papel da dieta galega na lonxevidade dos habitantes de Ourense, provincia que busca converterse nunhas las poucas áreas do Mundo denominadas “Zona Azul” polo seu alto cociente de habitantes que superan os 100 anos. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, citou expresamente o enfoque de Valentín Fuster para subliñar os piares da lonxevidade dos centenarios galegos: o movemento físico, as relacións sociais e a motivación vital.

Xantar exerceu un ano máis a súa función de plataforma de promoción dos produtos de calidade do agro e do mar de Galicia e nun escaparate que promove a dinamización da contorna rural. De feito, hoxe celebrouse o día dedicado ao concello da Arnoia que foi aproveitado polo seu concelleiro de Turismo, José Manuel Martínez, para lanzar durante o acto de clausura unha alegación sobre a necesidade de seguir investindo no medio rural para que non fose soamente un destino turístico, se non que fose un xerador de negocios estables xeradores de ingresos e fixador de poboación.

No ano do seu 30º aniversario como recinto, Expourense aproveitou a celebración de Xantar para realizar un recoñecemento ao empresario ourensán Jorge Bermello que foi o impulsor da construción do recinto feiral en 1996. Durante a recollida deste recoñecemento, Jorge Bermello fixo un repaso dos inicios do recinto feiral comentando que en 1999 foi o entón presidente de Galicia, Manuel Fraga, o que lle puxo o nome de “Xantar” á feira gastronómica que se estaba organizando por primeira vez no recinto.

Hoxe tamén foi o día dedicado aos patrocinadores e colaboradores de Xantar que se celebrou con la tradicional entrega de placas. O evento converteuse un ano máis nun exemplo de cooperación público-privada. Entre os seus principais apoios conta coa administración autonómica (a través do apoio da Axencia de Turismo de Galicia e das Consellerías de Mar e do Medio Rural), entre outras colaboracións como la de Economía Social de Galicia, da Dirección Xeral de Comercio e da Dirección Xeral de Formación Profesional. Tamén contou co apoio da administración provincial a través da colaboración de la Deputación Provincial de Ourense e do INORDE.

Xantar volve contado co respaldo de grandes empresas do sector alimentario e servizos como o caso de Gadis, Coren, Estrella Galicia, Cabreiroá, Grupo Cuevas, Carrefour Ourense, Centro Comercial Pontevella, Abinco Dixital. Como entidades colaboradoras conta con Green Ambiental, Seguridade Xapón, Estrelas Máxicas e “Patacas Jalys”. Esta última empresa limiana repartiu en total máis de 6.000 bolsas de patacas entre as visitas a Xantar 2026.

Premios Grupo Cuevas

Nesta xornada de clausura entregouse tamén o premio do XIV Concurso Gourmet organizado polo Grupo Cuevas e que recoñeceu la mellor receita elaborada con castaña. O gañador foi o chef limiano, Javier Diz Ruiz, coa receita “Tosta de castañas con roll de touciño entrefebrado”.
La próxima cita feiral en Expourense será esta mesma semana. Do venres 27 de novembro ao domingo 29, acolle la 10ª edición de ANTIQ AURIA, Feira Internacional de Antigüidades.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------