Pablo A. Guillén: “Estamos na semana europea da prevención de residuos: reparar tamén é previr”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lema: “Cuestiona as túas decisións, valora os nosos recursos!”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Semana Europea da Prevención de Residuos é un evento organizado pola Comisión Europea que se celebra anualmente durante a terceira ou cuarta semana de novembro; nesta ocasión, do 21 ao 29.

Baixo este lema, a edición deste ano céntrase na suficiencia material: consumir e utilizar unicamente os recursos necesarios, alongar a vida dos produtos e evitar a xeración de residuos desde a orixe.

O obxectivo é organizar durante unha mesma semana e en toda Europa accións de sensibilización e concienciación da cidadanía sobre a xestión sostible dos recursos e a redución de residuos, promovendo, entre outras cousas:

  • Prevención do residuo.
  • Redución do consumo.
  • Reutilización de produtos e materiais.
  • Reciclaxe de residuos.

As administracións públicas, asociacións e ONG, empresas, centros educativos, entidades da sociedade civil ou calquera persoa a título individual poden organizar accións ou sumarse ás xa programadas. Obradoiros, conferencias, exposicións, concursos, puntos informativos ou limpezas comunitarias son algunhas das iniciativas posibles, sempre que contribúan a reducir o consumo, fomentar a reutilización e facilitar unha xestión correcta dos residuos.

A Semana en Galicia e no Carballiño

Diferentes comunidades autónomas e concellos, directamente ou a través dos seus órganos de xestión de residuos, sumáronse á celebración. En Galicia, non se ten constancia de que a Xunta de Galicia se adherise nin de que tipo de actividades programou. Si o fixo Sogama, coa campaña en liña «O prezo real», que se difunde nas súas redes sociais e invita a reflexionar sobre se é realmente necesario substituír obxectos cotiáns por outros novos cando aínda se poden reparar. A campaña compara o que custa arranxar uns pantalóns, un móbil, unhas zapatillas ou unha batedora co custo ambiental de compralos novos, ese que non figura en ningunha etiqueta: segundo datos de The Restart Project que recolle Sogama, arredor do 79 % do impacto climático dun móbil, e do 73 % no caso da roupa, prodúcese antes do seu primeiro uso.

A campaña de Sogama recorda: «O prezo real non aparece na etiqueta»

Tampouco consta que a Deputación de Ourense, que é a encargada de recoller o noso lixo, desenvolva ningún tipo de actividade sobre esta celebración, nin por suposto o Concello do Carballiño. Poderíaselles lembrar a ambos que os residentes no Carballiño aínda non poden facer a separación domiciliaria dos residuos orgánicos, obrigatoria por lei desde hai máis de catro anos, porque non existe a infraestrutura necesaria. E se queren coñecer o nivel de concienciación de veciños e establecementos públicos, non teñen máis que levantar a tapa de calquera contedor da fracción resto, calquera día do ano.

Partindo desta situación, se esta semana ten sentido en calquera lugar, no Carballiño adquire especial relevancia: o seu lema invítanos a cuestionar as nosas decisións do día a día. E unha das máis cotiás é que facemos cando algo se estraga.

Cando reparar era o normal

Houbo un tempo non moi afastado no que no Carballiño había máis de media ducia de profesionais que se dedicaban á reparación de aparatos de radio, televisores ou lavadoras. Cando un aparato fallaba, levábase a arranxar, e a ninguén se lle pasaba pola cabeza tiralo. Hoxe case ninguén pensa en reparar un televisor ou unha lavadora: non hai quen o arranxe e, no mellor dos casos, se se compara o prezo do arranxo co dun novo, case sempre gaña o novo (“polo que me custa compro un novo”).

Cando desaparece a sociedade que necesitaba reparadores, desaparecen tamén os talleres. Sucumbiron ao que cabería chamar a urbanización cultural do medio rural.

Co modo de vida urbano chegou tamén a súa maneira de consumir: comprar, usar e tirar. Ademais, moitos produtos deséñanse para non abrirse: carcasas pegadas en vez de aparafusadas, parafusos especiais, compoñentes soldados. Os recambios escasean ou custan case tanto como o aparato. E nalgúns dispositivos electrónicos, unha peza nova só funciona se o fabricante a autoriza mediante software.

A todo iso súmase a sospeita, moitas veces fundada, da obsolescencia programada: produtos pensados para durar o xusto. O resultado é que, ante unha avaría, comprar adoita ser máis sinxelo, e a miúdo máis barato, que reparar.

Economía circular fronte a usar e tirar

Fronte a este modelo lineal, que extrae, fabrica, usa e tira, a economía circular propón manter produtos e materiais en uso o maior tempo posible: compartir, reutilizar, reparar, renovar e, só ao final, reciclar. O seu obxectivo é reducir os residuos ao mínimo.

Os aparatos eléctricos e electrónicos son un dos exemplos máis claros do problema. Segundo o Global E-waste Monitor das Nacións Unidas (2024), en 2022 xeráronse no mundo uns 62 millóns de toneladas destes residuos, e só se recolleu e reciclou de forma documentada menos dunha cuarta parte.

En Galicia, segundo o último balance autonómico consolidado (2022), recolléronse 16.105 toneladas de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEE): 14.400 procedentes dos fogares e 1.705 de orixe profesional. Porén, o obxectivo mínimo que o Ministerio para a Transición Ecolóxica fixou para Galicia ese ano, en proporción á súa poboación, era de 35.829 toneladas. É dicir, recolleuse menos da metade do esixido.

A directiva do dereito a reparar

A Unión Europea quere darlle a volta a ese costume de usar e tirar coa Directiva (UE) 2024/1799, do 13 de xuño de 2024, coñecida como directiva do dereito a reparar. O Parlamento Europeo aprobouna en abril de 2024, e o prazo para que os Estados membros a incorporasen á súa lexislación rematou o 31 de xullo de 2026. As súas principais novidades son estas:

  • Reparación fóra de garantía. Os fabricantes de determinados produtos estarán obrigados a reparalos se o consumidor o pide, aínda que a garantía legal rematase, agás que a reparación sexa imposible.
  • Produtos afectados. Lavadoras e lavadoras-secadoras, lavalouzas, frigoríficos, televisores e pantallas, aspiradoras, secadoras, teléfonos móbiles e tabletas, entre outros (anexo II da directiva).
  • Non será de balde, pero si razoable. A reparación farase a un prezo razoable e nun prazo razoable.
  • Un incentivo para reparar. Se, dentro da garantía, o consumidor elixe a reparación en lugar da substitución, a responsabilidade do vendedor amplíase doce meses.

A finalidade é alongar a vida útil dos produtos, reducir os residuos electrónicos e que reparar volva ser unha alternativa real fronte a comprar.

España elixiu incorporala á súa lexislación mediante unha futura Lei de Consumo Sostible, pero, superado xa o prazo, aínda non se aprobou. Mentres tanto, a Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios xa establece tres anos de garantía legal para os produtos novos e pezas de reposición durante polo menos dez anos desde que o produto deixa de fabricarse.

Nin museo nin parque temático

Con todo, tamén cómpre deixar claro que non se trata de volver ao pasado, porque o pasado non volve, senón de pensar nun futuro distinto e máis diverso.

No Carballiño sobreviviu algunha tenda que arranxa aparatos electrónicos e hai profesionais que se dedican á reparación de avarías no fogar, roupa, calzado, persianas, reloxos, ordenadores, tabletas e móbiles.

Recuperar a reparación non consiste en abrir un museo do vello oficio, senón en que volva ser unha opción normal e razoable cando algo se estraga. A directiva non resucitará o modo de vida dos nosos pais, pero si pode devolvernos algo daquela lóxica: que as cousas duren, que se arranxen preto da casa e que o oficio de reparador volva ter futuro, tamén no Carballiño.

E, como sempre, lembra que o río tamén depende de como xestionamos os nosos residuos:


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Feliz ano novo: chegaron as choivas”

Pablo A. Guillén: “O río non dá para máis”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (III): Pagar sen saber o que pagamos”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente.”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------