Este 23 de agosto, BadalNovas recollía na súa sección “A opinión das veciñas e veciños” o testemuño de quen atopou troitas mortas no río Arenteiro na Pontarriza. Dous días despois foron técnicos da Xunta de Galicia os que tiveron que retirar troitas mortas na Piscifactoría (a maioría exemplares grandes, de ata 40-50 cm de longo). A imaxe é dura, pero non é ningunha sorpresa: hai só uns días, neste mesmo medio, advertiamos que a troita —peixe de auga fría e ben osixenada, especie bioindicadora por excelencia— estaba “entre as primeiras especies en sufrir cando baixa o osíxeno e sobe a temperatura, con risco de mortandades”. O aviso, por desgraza, cumpriuse antes do previsto.

Que hai detrás da motandade
Con tan pouca auga o río presenta un cadro de extrema vulnerabilidade para a vida acuática e nestas circunstancias as hipóteses que se manexan apuntan cara a un vertido contaminante. Neste sentido, convén lembrar que a mortandade detectouse augas abaixo do aliviadoiro da rede de saneamento existente á altura da presa de As Barcias e do da EDAR do Carballiño de Godás do Río, e os dous verten directamente ao Arenteiro. Iso non permite, por si só, determinar a causa, pero si constitúe un indicio moi razoable que non debería pasarse por alto.

Coas primeiras choivas fortes despois do verán a rede de saneamento arrastra toda clase de residuos e prodúcense desbordamentos nos aliviadoiros expulsando ao río augas altamente contaminadas. É dicir, a rede de saneamento carece dun deseño adecuado, tanto na súa conformación como na súa capacidade, para xestionar correctamente os efluentes que tradicionalmente se producen nestas circunstancias.
As troitas mortas non son, polo tanto, un suceso illado: son a materialización visible dun problema estrutural de grandes dimensións.
Por fin chove… e parece que xa está todo arranxado
A conca do Arenteiro leva anos a funcionar, na práctica, coma un sistema secuencial que se comporta de forma rutinaria con ciclos de chuvia – extracción que se suceden consecutivamente. O río actúa, de feito, coma un sistema de vasos comunicantes, polo que non é preciso almacenar auga a longo prazo. O problema xurde cando se rompe a cadea, se demoran as chuvias, e aparecen as secas.
Que agora choiva non muda a tendencia de fondo: todo indica que a frecuencia e a intensidade das secas en Galicia van ir en aumento. Como moito, permite gañar tempo. E ese tempo gañado acostuma empregarse para esquecer o problema, non para resolvelo.
Despois de semanas de imaxes de leitos case secos, bandos municipais e alertas de seca, calquera choiva soa a alivio. É comprensible: baixa a tensión, modérase o consumo e xorde a sensación xeneralizada de que “xa pasou o peor”. Pero esa sensación é enganosa.
Por que esta choiva non resolve nada de fondo
A choiva destas xornadas é unha boa noticia inmediata, e ninguén debería desexar o contrario. Pero confundir ese respiro puntual coa solución dun problema estrutural sería repetir o mesmo erro de sempre. Mentres non se conteña de verdade a presión sobre o Arenteiro, tanto pola extracción de auga como pola calidade dos vertidos que se levan a cabo, cada choiva será só un paréntese entre secas cada vez máis frecuentes e severas. Por iso seguimos a insistir no mesmo de sempre:
- Que a Mancomunidade de Carballiño – Maside retire xa a solicitude do incremento do caudal para extraer do río Arenteiro.
- Que é urxente encargar a “augas do Arenteiro” a elaboración dun Plan de uso e xestión da auga que inclúa un Programa de actualización das redes de abastecemento e de saneamento que permita garantir a subministración á poboación sen episodios de vertidos como o desta semana, e recuperar o estado salutífero do río Arenteiro.
As troitas mortas desta semana deberían servir para lembrar que o problema non desaparece coa choiva. Só se agocha, ata a próxima seca.
Por último, permítanme trasladarlles a suxestión dun amigo, e lémbrolles que o noso Río Arenteiro e despois o mar comezan nos sumideiros da nosa casa e nos das nosas rúas, como se amosa na imaxe:




OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro
Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”
Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”
Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”
Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”
Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”
Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”
Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

















