Na primeira entrega desta análise describía os efectos do chamado “lavado verde institucional” e a actitude do cidadán para defenderse. Lembren que o “lavado verde” é unha táctica de marketing utilizada para enganar ás persoas facéndolles crer que os produtos, servizos ou operacións dunha organización son máis ecolóxicos do que son en realidade.
Hoxe comezarei por salientar que no ámbito comercial, hai motivos para o optimismo: o pasado mes de marzo entrou en vigor a Directiva comunitaria contra o lavado verde (Directiva UE 2024/825), un dos avances normativos máis relevantes na política de consumo e sustentabilidade da Unión Europea.
A norma combina medidas prohibitivas, que eliminan de xeito categórico certas prácticas de lavado verde, con medidas informativas que capacitan á cidadanía para tomar decisións máis sostibles, abordando cuestións como a obsolescencia temperá, as afirmacións ambientais enganosas ou os distintivos de sustentabilidade sen garantía de credibilidade. Ao establecer prohibicións concretas e esixir transparencia nas afirmacións ambientais, esta normativa non só protexe os consumidores, senón que tamén fomenta unha maior responsabilidade entre as empresas no mercado europeo.
Con todo, ata que non se aprobe a Directiva de declaracións medioambientais, que esixe ás empresas que verifiquen e xustifiquen con probas científicas calquera afirmación medioambiental que fagan sobre os seus produtos ou servizos, é un marco incompleto, polo que os/as consumidores/as non deben baixar a garda.
Claves para evitar caer en publicidade enganosa do “lavado verde”
O “lavado verde” pode adoptar moitas formas. Estas claves axudan a recoñecelo:
- Desconfía da linguaxe vaga. Palabras como sostible, natural, verde ou respectuoso co medio ambiente son frecuentemente utilizadas pola mercadotecnia sen respaldo algún.
- Coidado coa “maquillaxe verde”. Os envases con tons terra, imaxes de bosques, animais ou tipografías orgánicas levan décadas usándose para desviar a atención dos impactos reais dun produto. Hoxe, a intelixencia artificial engade unha nova capa de risco: permite fabricar imaxes e vídeos de recuperacións naturais inexistentes, etiquetas ecolóxicas falsas ou testemuños inventados cunha facilidade e un realismo sen precedentes.
- Busca selos e certificacións oficiais. Busca produtos con selos recoñecidos como a Etiqueta Ecolóxica Europea -Ecolabel- (para calquera produto), Ecocert (agricultura e cosmética), FSC (madeira e papel) ou GOTS (produtos téxtiles orgánicos).

- Practica o consumo consciente e de proximidade. A mellor forma de evitar o branqueo verde é reducir o consumo xeral, alongar a vida útil do que xa tes e apostar por produtos locais.
Para quen queira ir máis alén das intencións e coñecer con datos o impacto real dos seus hábitos, existen ferramentas que permiten medir e, sobre todo, orientar os cambios necesarios.
Como podes avaliar os impactos ambientais do teu consumo
Existen ferramentas sinxelas que permiten medir o impacto ambiental dos teus hábitos e identificar onde é máis urxente actuar. Para coñecer cal é o impacto ambiental dos teus hábitos de consumo podes utilizar calculadoras oficiais como a do Ministerio de Consumo (https://calculatuhuella.consumo.gob.es/).
A calculadora analiza cinco áreas concretas (alimentación, mobilidade, vivenda, electrodomésticos e bens do fogar) e establece 16 indicadores de impacto ambiental relacionados co uso dos recursos naturais e coas as emisións xeradas no chan, a auga e o aire. Ademais, poderás coñecer o impacto do teu sistema de consumo e comprobar como os cambios no teu estilo de vida poden modificar a túa pegada ecolóxica. Porque o primeiro paso para non ser enganado polo lavado verde —nin polo institucional nin polo comercial— é coñecer o impacto real das propias decisións.
Lembra: o uso de falsos reclamos ecoloxistas para atraer clientela é xa unha práctica habitual entre as grandes compañías enerxéticas e de consumo (alimentación, cosmética, téxtil, madeira…). Hai que aprender a recoñecelo e a defenderse.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”
Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”
Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”
Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”
Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

















