O XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación contará este domingo coa participación de 270 corredores

IES CHAMOSO LAMAS

Maceda acolle este domingo, día 27 de novembro, o XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación, unha competición que contará coa participación de 270 corredores entre as diferentes categorías. 

A sala de prensa da Deputación acolleu esta mañá unha reunión de presentación desta proba, na que estiveron o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; a vicepresidenta do Clube Ciclista Maceda, Elena González; o director técnico do Clube Ciclista Maceda e organizador da proba, Xulio Conde; e o presidente de honra do Clube Ciclista Maceda, Francisco Nóvoa. 

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Entre os 270 inscritos para esta cita, tamén puntuable para a Copa Galicia de Ciclocrós, destaca a presenza de corredores como Iván Feijóo, Saúl López, Brais Sendín, Sarela Conde e Iris Fernández.

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación comezará ás 10,00 horas nun circuíto de 2.600 metros deseñado e montado nos arredores do Castelo de Maceda, tendo como punto de saída e de meta o IES San Mamede. Ademais, unha das novidades desta edición é a disputa dunha proba de inclusión, onde participarán rapaces e rapazas con diversidade funcional