O goberno local asegura que as axudas para autónomos e pequenas empresas, logo de sete meses, empezarán a chegar ós solicitantes. A partir de hoxe, as axudas concederanse segundo os 310 traballadores entreguen a documentación precisa. O concello asegura que lles houbera gustado concedelas antes, pero que os procesos retrasáronse.
Pola súa parte, a oposición critica que o goberno local tarde tanto en facelas efectivas. Para o Partido Popular, o proceso dilatarase máis do que o concello ten previsto, asegurando que, se se cumpren os prazos, algunhas quedarían sen tramitar ata final de ano, e pregúntanse que pasaría co diñeiro que non se puidera destinar.
Dende Espazo Común, rexistraron na xornada de hoxe unha solicitude por escrito para que se convoque de xeito urxente un pleno extraordinario ca finalidade de pechar un plan de continxencia de aplicación inmediata que inclúa xa o pagamento das subvencións da primeira fase (360.000 €), a activación e simplificación do procedemento da segunda fase acordada tamén en abril (650.000 €).
O tenente alcalde asegura que dende o concello estarán apoiando a todo o tecido empresarial da vila, en especial ós que están sufrindo as maiores restricións. A decisión da solicitude de pleno extraordinario é do alcalde.