O Sergas convoca a 800 persoas de Boborás a un cribado este venres ante o aumento de contaxios

Casas restauradas en pazos de Arenteiro Foto Carballiño 9-5-14

A situación que presenta a pandemia hoxe en Boborás chamou a atención do comité clínico de seguimento. Onte Boborás contaba con 7 casos, que se duplicaron hoxe ata os 14. Esta tendencia, ademais de provocar un endurecemento das medidas sanitarias, levou ó SERGAS a realizar un cribado, que será o próximo venres en horario de tarde e para o que estarán chamadas 800 persoas entre os 18 e os 74 anos. Hoxe mesmo, o persoal desprazouse para comprobar as instalacións do pavillón, onde se farán as probas PCR.

Publicidade

A alcaldesa, Patricia Torres, anima a todos os convocados a acudir ó cribado para tentar un control deste brote.

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia reuniuse na tarde de onte, tomando a decisión de aliviar as restricións nalgunhas zonas galegas. Na provincia, destacamos que os concellos que estaban en nivel medio pasan agora a ter os mesmos criterios de liberdade co resto. Pola contra, Boborás é hoxe o único que retrocede e que queda en nivel 2 en todo Ourense.

As medidas que terá Boborás agora serán: limitación de reunións a 4 persoas non conviventes, peche perimetral, cultura con aforo do 30%, hostalaría permitida so en terrazas cona foro ó 50%. Estas medidas entrarán en vigor na madrugada do venres.