A Veracruz acollerá este sábado o festival “Outros países, outras músicas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá, o salón de plenos, acolleu a presentación do festival “Outros países, outras músicas”. Este evento, organizado polo Coro de Cámara Música Viva do Carballiño, terá lugar este vindeiro sábado, ás 20:30 horas, na igrexa da Veracruz, un marco incomparable para un evento que conta xa con tradición e esforzo.

Antonio Rey, presidente do Coro de Cámara Música Viva, anunciou a programación para este evento, que este ano contará ca presenza da Coral A Torre de Maside, O Coro feminino de Voces San Simón de Cacheira de Teo e para rematar o concerto actuará o coro organizador.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO