A rúa Aquilino Sánchez é unha rúa relativamente nova cun gran número de edificios construídos nos últimos anos e de tráfico, ao ser un vial que une a Estrada de Ribadavia coa de Ourense sen ter que entrar ao centro da vila.
No ano 2018 levouse a cabo unha inversión por valor de 120.000 € das arcas municipais para solucionar as deficiencias desta rúa. Transcorridos apenas uns poucos meses, as filtracións de augas subterráneas procedentes dunha fica colindante provocaron afundimentos do asfalto.
O pasado mes de decembro, volveron a executarse de novo obras para a reparación desta filtración. Mantívose cortado un carril ó tráfico e as obras xa están rematadas.
Espazo Común solicita que, en troques de facer reparacións continuas, se elabore de xeito urxente un proxecto que garanta a desaparición das filtracións de auga e dos escorregamentos de terra que provocan os afundimentos.