O Carballiño é premiado polo seu coidado de espazos verdes

O premio foi comunicado esta mañá no transcurso dun acto que se celebrou desde Santiago por videoconferencia con vintesete concellos, e ao que asistiu a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ademais dos promotores desta iniciativa. O concello estivo representado pola concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto.

É o segundo ano que o concello do Carballiño participa nesta experiencia, e por iso a concelleira agradeceu a concesión do galardón. Realmente, no Carballiño hai arredor de 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

AVANTAR ACTIVIDADES