O Carballiño sobe sete contaxios ata os 19 casos activos. Maside sobe ata os seis casos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca do Carballiño mantén hoxe 29 (+10) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe sete contaxios, ata os 19 casos activos. Boborás conta cun so contaxio, igual ca San Amaro. Maside sobe un caso, ata os seis contaxios.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Ribeiro, Ribadavia sobre tres casos ata os 7 casos activos, Arnoia presenta 6 casos e Carballeda de Avia presenta catro casos activos. Avión, Beade, Castrelo de Miño e Melón contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 262 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.696, máis de 700 casos novos esta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 14 (+2) están en UCI e 62 (+15) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 56 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 693 casos activos, 281 máis nesta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 12 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------