A “Parada de Autobús Intermodal”

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

AVANTAR ACTIVIDADES
Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

A necesidade dos veciños de Carballiño para satisfacer a súa demanda de bens e servizos xera unha mobilidade que habitualmente está constituída por traxectos curtos para acceder a outros núcleos de poboación ou para achegarse ás grandes capitais (Ourense, Vigo, Santiago, …). Neste contexto xeográfico, o sistema de transporte público que temos presenta as características típicas do medio rural galego:

  • escasa frecuencia tanto do servizo de autobuses (8 ida e volta con Ourense/día, 2 ida e volta con Pontevedra/día e 1 ida e volta/día con Madrid) como do servizo de trens (3 ida e volta/día con Ourense e con Santiago),
  • desacertado horario en relación ás necesidades dos potenciais usuarios (por exemplo: non hai ningún tren pola mañá de Ourense a Carballiño), e
  • elevada distancia das Estacións de Autobuses cos puntos do destino final dos potenciais usuarios (centros de traballo ou de estudio, hospitáis, zona comercial, …).

Por todo iso, o transporte en vehículo privado é maioritario, e o uso do transporte público é case marxinal.

Para mellorar o sistema de transporte público de Carballiño, desde hai uns días pódese contemplar, na chaira da Estación do ferrocarril, unha marquesiña que segundo o cartel situado nas proximidades é unha “Parada de autobús intermodal”, promovida pola Xunta.

Segundo o Dicionario da Real Academia Española unha “Parada intermodal” sería “un lugar ou sitio onde se para para que se poidan utilizar distintos medios de transporte”. Neste caso, parece que se pretende que paren os autobuses na Estación do tren para que se podan utilizar fácilmente ambos sistemas de transporte.

Deste xeito, este tipo de instalacións está especialmente indicado para facilitar o uso combinado de diferentes medios de transporte. É dicir, entendo que está pensada para que un usuario do transporte público colla un autobús nun punto de orixe do municipio (por exemplo, Señorín, Partovia, Mesego, Longoseiro, Piteira, Seoane, …) que lle permita subir a un tren que o leve ao seu destino (por exemplo, Ourense ou Santiago); ou ao revés, iniciar a viaxe en tren en Ourense ou en Santiago e coller un autobús que o deixe nun punto do municipio. O problema é que non existe autobús desde Carballiño aos diferentes núcleos de poboación que ten o concello, polo que, para os veciños das parroquias, a pretendida intermodalidade nace viciada.

Por outra parte, coller un tren en Santiago e baixarte en Carballiño para subirte a un autobús que te leve a Ourense ou a Pontevedra, ou ao contrario, podendo facelo de forma directa, non parece ter moito sentido. Polo cal, no mellor dos casos, a “Parada de autobús Intermodal” semella unha idea feliz dos responsables da Xunta que lle custou ao contribuínte 162.820 euros.

A outra instalación de transporte público por estrada existente en Carballiño, a Estación de Autobuses, inaugurada en outono de 1.989, está ameazada de desaparición. No mes de agosto pasado asinóuse un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballiño polo que se dá luz verde á tramitación necesaria para levar a cabo a construción dun novo Centro de Saúde na actual Estación de Autobuses, polo que esta deberá ser derrubada.

Agora ben, se se continúa co protocolo asinado para situar o futuro Centro de Saúde na Estación de Autobuses existente, para poder prestar o servizo de transporte público por estrada de forma adecuada, antes de derrubar o edificio, deberíase contar cunhas novas instalacións que presten este servizo.

En calquera caso, a nova “Parada Intermodal” non parece que poida aportar nada significativo na mellora do transporte público do concello de Carballiño. Non contribúe a resolver os problemas do sistema de transporte público existente no municipio, e previsiblemente, correrá a mesma sorte que este, a súa infrautilización.

Neste sentido, cabería lembrar de novo que o principal motivo do escaso éxito do sistema de transporte público en Carballiño é a diverxencia existente entre a oferta do servizo transporte e a demanda de mobilidade que satisfaga as necesidades dos veciños de Carballiño (traballo, estudios, servizos médicos, compras, ….). Por iso, para non contribuír a unha maior deterioración do sistema de transporte público, contar cunhas instalacións de calidade, cómodas e seguras, debería ser unha prioridade das autoridades con competencia nesta materia, a Xunta de Galicia.



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano