Beariz afianza a tendencia á baixa, contando hoxe con oito contaxiados

O Concello do Carballiño, despois da baixada desta fin de semana, aumentou dous casos mais, ata os 6, que mantén hoxe. A tendencia á baixa mantívose durante os últimos días, chagando a cifras tan optimistas coma as do verán, pero hoxe rexistrouse a primeira suba. A comarca baixa tamén os casos, sumando un total de 17.

Publicidade

Beariz comeza a amosar a tendencia á baixa. Na xornada de onte baixaba 7 casos e na de hoxe baixa outros catro casos, para situarse nos 8 contaxiados activos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse cinco falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Maside baixa mantén un só contaxiado e San Cristovo de Cea conta con dous casos. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín, Piñor e San Amaro están libres de coronavirus.