Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

AVANTAR ACTIVIDADES
Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Co gallo de que son tempos preelectoráis, temos uhas eleccións municipais a celebrar dentro de uns tres meses, veño facendo esta serie de artigos dedicados a examinar o estado dos principais parámetros do medio ambiente no noso concello. Nesta ocación centrareime na análise da mobilidade no casco urbano.

Neste tema, o primeiro que chama a atención é o paso polo núcleo urbano dunha estrada nacional, a N-541. A elevada intensidade diaria do tráfico desta vía (3.184 veh/día), dos cales unha parte importante corresponde a vehículos pesados (317 veh/día), supón un importante efecto fronteira na estructura urbana e tamén que a poboación estea sometida a un elevado grao de perigosidade e de molestias.

A este respecto é necesario lembrar que o estudio de EuroRAP do ano 2020, no que participa o RACE, que evalúa anualmente as estradas interurbanas de titularidade estatal, sitúa o tramo da N-541 entre Dacón e a Almuzara, como o segundo máis perigoso de España. Con todo, a Xefatura Provincial de Tráfico non o contempla como punto negro. Dada a súa peregosidade todos os grupos políticos deberían reivindicar ante Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a construción dunha variante que afaste a esta estrada das áreas habitadas.

Noutra orde de cousas hai que considerar que O Carballiño goza dunhas dimensións e características topográficas que permiten dispoñer dun espazo deseñado para as necesidades do peón, o que significa que a maior parte dos desprazamentos cotiáns pódense realizar andando na súa totalidade. Ademais, nun Modelo Urbano Saudable resulta imprescindible que os cidadáns teñan a posibilidade de realizar a pé a maior parte dos desprazamentos urbanos de maneira confortable e segura, e especialmente os máis vulnerables, como son os maiores e as persoas con mobilidade reducida.

Neste sentido, suxiro que os grupos políticos recollan a necesidade de elaborar un Plan de Mobilidade que abra un debate sobre os riscos que comporta manter os actuais hábitos de desprazamento e as vantaxes que conleva favorecer os desprazamentos peonís para mellorar a calidade de vida.

Para tentar contribuir a este debate, reproducirei unha síntese das catro principais ideas do que, en outros artígos publicados aquí en BADAL NOVAS, chamei “Modelo Urbano Saudable do Carballiño 2030”:

1. Completar a améndoa peonil na zona norte. Trátase de engadir ao espazo peonil que conforman a Rúa Curros Enriquez e a Praza do Emigrante dúas novas zonas, a zona da rúa Chamoso Lamas e a do templo da Veracruz e os seus arredores.

2. Reformular a configuración do tránsito motorizado no centro urbano para disminuir o tráfico de paso polo centro da vila. Suxiro redirixir o tráfico limitando a un único carril transitable para os automóviles, no eixo comprendido entre o cruzamento da rúa do Conde Vallellano coa rúa Otero Pedrayo ata o cruzamento da “Avenida” coa estrada de Astureses, de maneira que facilite o acceso soamente en sentido leste – oeste, como se mostra na seguinte figura.

Con esta proposta, ademais da función esencial de remediar ou corrixir o déficit de accesibilidade peonil entre a zona norte e o núcleo central da vila, orixinado pola elevada intensidade do tráfico, tamén se pretende acadar os seguintes obxectivos:

  • dotar O Carballiño “dunha entrada representativa”, no acceso de maior afluencia ao núcleo central;
  • establecer “un acceso emblemático” cómodo e seguro entre o centro do pobo e o Templo da Veracruz, un dos seus principais puntos de referencia do noso pobo (bierarúas sen coches aparcados aos lados, con árboles, axardinadas e dotadas de mobiliario urbano para o descanso e a convivencia);
  • aumentar o espazo público de xogos e de lecer, na Alameda e na Praza do Emigrante, especialmente para que os colectivos máis vulnerables, como as persoas maiores e os nenos, poidan desfrutar de maneira acougada e segura;
  • acrecentar a capacidade de estacionamento de vehículos na Avenida, para favorecer a accesibilidade á Praza de Abastos e á zona máis comercial do centro da vila;
  • e, en xeral, recuperar o espazo público para o desfrute peonil da veciñanza, no que os peóns teñan prioridade sobre os automóbiles.

3. Crear rutas peonis. Consistiría en ampliar as beirarrúas, ata un ancho como mínimo de dous metros, para establécer certos percorridos peonís, cómodos e seguros, dende a “amendoa central” cara o resto de espazo urbano, como os que se mostran na imaxen.

4. Achegar “O Parque” ao centro urbano. Neste caso, trátase de facer un gran pasillo verde, que iría desde a “Principal” ata “o Parque”, en unha das beirarrúas da Avenida Calvo Sotelo, que proporcione ao camiñante una agradable sensación de acougo e de confortabilidade. Para iso, sería necesario limitar a Avenida Calvo Sotelo a un único carril transitable para automóviles, que facilite o percorrido en coche só en sentido sur – norte.

En xeral, a idea é a de acadar a diminución progresiva da hexemonía presencial dos coches no núcleo urbano, de infundir no condutor a percepción de que está nun espazo de condución acougada pola convivencia entre coches e persoas, e de favorecer os desprazamentos peonís para mellorar a calidade de vida.

Finalmente, tendo sempre en conta que as dimensións de O Carballiño aconsellan o desprazamento peonil, e por tanto débense favorecer prioritariamente os percorridos non motorizados, quixera destacar duas ideas máis. Por unha parte, que non poucos urbanistas coinciden en sinalar que “o de DEIXAR O COCHE NA RÚA, EN REALIDADE, É UNHA OCUPACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO PARA USO PRIVADO, algo que vimos considerando como normal, pero que pode que non o sexa tanto”. Por outra, como noutras ocasións, recordar a recomendación do mestre José Fariña Tojo “NON É NECESARIO IR EN COCHE A TODAS PARTES, CAMIÑAR É SAN, GRATIFICANTE E, ADEMAIS, BARATO”.  



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano