A MIT adianta unha das actividades que terán lugar nesta 36ª edición

A MIT adianta unha das actividades que terán lugar nesta 36ª edición. un taller gratuíto de catro días cunha das compañías de referencia do teatro galego e con máis proxección internacional.

O programa completo será presentado o xoves día 25 de xuño nun acto aberto, en Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este taller é unha oportunidade única e accesible a todas as persoas interesadas na creación escénica contemporánea e que tamén serve de inicio ao camiño que emprendemos coa coprodución que a MIT levará a cabo con Voadora en 2021, completando así a triloxía arredor de Shakespeare, cunha versión libre de Otelo. A compañía dirixida por Marta Pazos seleccionará a 12 participantes, que deberán seguir os protocolos de hixiene e seguridade establecidos pola organización durante os días de realización do obradoiro.

Dirixido a: Artistas de todas as áreas, criaturas creativas interesadas en investigar nas relacións amorosas e a posverdade. Non é necesaria experiencia escénica previa.

Solicitudes: Envía un email co teu C.V. e unha historia persoal de celos en 140 caracteres a solicitudesvoadora@gmail.com

Prazo de inscrición: do 18 de xuño ao 7 de xullo.