Visita de técnicos da empresa Timac Agro á finca de ensaios Antela do Inorde

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Técnicos da empresa Timac Agro, punteira no sector da fertilización do cultivo, visitaron acompañados por persoal do Inorde, a finca de ensaios Antela desta mesma institución, para recabar datos e comprobar in situo funcionamento dos seus produtos, xa que están a colaborar co Inorde na realización dun campo de ensaio no que testar diferentes produtos biorracionais no cultivo da pataca.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta iniciativa de Timac Agro pretende profundizar na busca de novos produtos bioeficientes baseados nunha acción probiótica destinada a enriquecer a vida microbiana do solo mediante a creación de relacións simbióticas entre os propios organismos do solo e as cepas seleccionadas, todo elo co obxectivo de mellorar os procesos tanto nutricionais como de protección diante de pragas e enfermidades.

Para o Inorde é importante levar a cabo un coidado óptimo das condicións de cultivo para certificar un respecto total e absoluto do medio natural, razón pola cal os ensaios de campo que se levan a cabo para desenvolver este tipo de produtos, representan unha porcentaxe importante das experiencias de campo que realiza dito organismo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------