Nota do Concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello remata as felicitacións de cumpleanos a nenos e nenas, coa entrada da segunda fase do desescaladamento este luns, 25 de maio

Coa felicitación do cumpleanos dunha nena residente na aldea da Dornela, preto da Madalena, o concello remata as felcitacións dos aniversarios dos nenos e nenas de 1 a 11 anos, que realizou durante o últimos dous meses de confinamento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este luns, 25 de maio, entra en vigor a segunda fase do desescaladamento, e por iso dexaranse de felicitar os cumpleanos.

Nestes dous meses de confinamento, preto de 200 nenos e nenas recibiron fronte ás súas casas a felicitación polo seus cumpleanos. Unha iniciativa na que colaboraron a empresa local Inforsonic, o DJ Tibu, a locutora de radio Maiti Grande, a traballadora de Servizos Públicos so concello María José, o Grumir e a Policía Local.

As felicitacións tamén lle chegaron, vía wasap, a moitos nenos e nenas que se atopan na emigración, en especial, en México e Panamá.

No casco urbano do Carballiño, leváronse a cabo moitos cumpleanos en rúas como Avenida do Balneario, Martínez Avellanosa, Puerto Rico, Avenida de Compostela, Solana e Marcelino Parrondo, entre outras; e tamén en moitas parroquias, aldeas e lugares do rural, onde residen nenos e nenas de 1 a 11 anos.

O concello quere destacar a gran lección que diron os nenos e nenas do Carballiño durante este tempo de confinamento, que supuxo un verdadeiro esforza para toda a xente, pero dun xeito especial aos máis cativos.

(Adxuntamos foto do último cumpleanos, con algúns dos protagonistas: Uxío Álvarez, de Inforsonic; DJ Tibu; integrantes do Grumir e o concelleiro Manuel Dacal).