Nota de prensa do BNG sobre o Asilo do Carballiño

Publicidade ASPADISI

A voceira municipal do BNG no Carballiño, Sofía García, levará ao vindeiro pleno do concello unha moción mediante a cal demandará explicacións á alcaldía, como parte do Patronato do Asilo, polo proceso de privatización coa externalización de servizos do  asilo, así como a inestabilidade na xestión do Asilo con cambios repentinos e opacos das ordes que o xestionaban. 

Para o BNG alterar os criterios de xestión do asilo supón unha violación do legado dos Irmáns Prieto, que non é outra que atender aos anciáns desvalidos do Carballiño. Unha alteración que se dá de costas á veciñanza da vila e dos seus representantes. 

García demandará explicacións da xestión a Fumega, como parte do Patronato da Fundación Irmáns Prieto,  que como representante de turno do concello na Fundación mantivo á corporación á marxe de todos os cambios realizados nos últimos  tempos. “Esta situación está xerando unha gran inquietude na veciñanza polo devir do asilo, e mesmo pola súa continuidade”

Publicidade Premer na Imaxe

Para as nacionalistas a alcaldía non debería agardar ao vindeiro pleno para rendir explicacións aos concelleiros e concelleiras. A situación é o suficiente grave e inestable como para presentar aos diferentes grupos as explicacións oportunas, e por luz no que está acontecendo na fundación e no asiloIrmáns Prieto nos últimos anos, e facelo de forma inmediata.