Espazo Común denuncia que as fosas sépticas de Piñor seguen a estar nun estado lamentable

IES CHAMOSO LAMAS

Dous anos despois de levar unha moción ó pleno do Concello de Piñor poe pararte de Espazo Común, na que se demandaba a limpeza e tratamento inmediato das sépticas do Concello que se atopaban nun estado lamentable  a situación non deixa de empeorar. Afirman que cada vez son máis as fosas que se atopan nunha situación deplorable: invadidas pola maleza, rodeadas de xurros de augas fecais, vertendo para ríos, camiños e fincas particulares,  cun cheiro fedorento nas inmediacións  e rodeadas de mosquitos e outros insectos posibles transmisores de enfermidades. Sirva como exemplo a reportaxe fotográfica que se achega da fosa do pobo de Barrán.

Esta situación “calamitosa”, para Espazo Común non ten máis ca un responsable: o alcalde de Piñor, que aseguran que coñece  perfectamente o problema, pois ademais de ser a súa obriga, son numerosos os veciños que relatan que o avisaron dos vertidos das fosas sépticas sen que fixera máis ca poñer escusas,  cada vez máis difíciles de entender.

OZOCOgz Deseño Galego

Con ser grave o da imaxe que ofrece ese abandono, moito peor son os problemas de contaminación que están causando nas augas e no entorno medioambiental do municipio, xerando focos de infección que constitúen un risco severo para a saúde pública. “Esixímoslle que limpe as fosas sépticas sen máis espera. Xa estamos fartos de escusas peregrinas, a xestión do saneamento é unha competencia municipal, e xa leva máis de sete anos  de alcalde dicindo que lle dedica ó concello as 24 horas ó día dos 7 días da semana; pero non é quen nin de manter as fosas sépticas como é debido”  sinala o voceiro do grupo municipal de Espazo Común ó tempo que engade que non pararán ata que estean as fosas limpas e co mantemento axeitado. Indica que “ se o alcalde non o soluciona de xeito inmediato este problema de contaminación e de saúde pública acudiremos á Confederación Hidrográfica, ós organismos de sanidade, medioambientais, e onde faga falta.”