Resposta de Espazo Común o Comunicado de AEHDE

NOTA DE ESPAZO COMÚN

ESPAZO COMÚN NUNCA CRITICOU AO CLUB DE PATINAXE AEHDE E CONSIDERA DESMEDIDA E INTERESADA A REACCIÓN DUNHA PARTE DA DIRECTIVA

Publicidade

Basta ler o comunicado emitido por Espazo Común no día de onte para decatarse de que, en ningún caso, foi a intención deste partido criticar nin xulgar as accións e actividades deste club e dos seus integrantes que nos merecen todo o respecto.

De feito, nin tan sequera dixemos o seu nome en ningún momento, tan só puxemos o exemplo dun clube de patinaxe que recibe 6.500 € de subvención a dedo, namentres o Centro Comercial Aberto, recibe 6.000, a Asociacion de Discapacitados Físicos do Carballiño recibe 0 € ou outro club de patinaxe recibe tamén 0 € do Concello.

A nosa intención é e vai seguir sendo evidenciar o inxusto e arbitrario das subvencións directas, que permeten agasallar aos amigos e castigar aos que non son.

Agora, unha vez visto a nota remitida á prensa pola xunta directiva deste colectivo, temos moitas dúbidas de que non se estea empregando coma plataforma política para respostar a unha pregunta que nós lle fixemos únicamente ao alcalde do Carballiño por unha acción do seu cargo coma tal e as dúbidas legais e morais que, máis alá de paixóns persoais esta decisión provoca na meirande parte da veciñanza.

Unha resposta desproporcionada, interesada e con ataques persoais ao noso grupo para evitarlle a quen vai dirixida a nosa dúbida máis que razoable ter que sair a respostar. Lamentamos esta utilización como parapeto político dun colectivo que non foi, en nigún caso, criticado nin tan sequera mentado por Espazo Común en momento algún.

Xa non imos entrar nos intereses empresariais dalgúns membros desa directiva e a súa intensa relación económica co grupo de goberno do Carballiño pero si temos claro que esta problemática ten fácil solución :

Basta con amosar o documento con selo de rexistro de entrada remitido á Xunta de Galicia onde, como é preceptivo, conste a renuncia como tesoureira da muller do alcalde Fumega e corrixir a páxina web oficial da entidade, onde a día de hoxe, aínda figura como tal.

Pola nosa parte, reincidar no máximo respecto e apoio ás actividades de AEHDE e toda a xente que forma parte do club e amosar, a un tempo, o mesmo grao de rexeitamento ao emprego de cartos públicos de xeito caprichoso, clientelar e discriminatorio.