Volvemos a subir un caso máis por covid no Carballiño

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 17 contaxios. O Concello do Carballiño tén as cifras nos 11
contaxiados. Este concello leva desde o día 22 mantendo o número de casos entre 10 e 11

O Irixo mantén 4 persoas contaxiadas, San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás que tiña un contaxiado, agora está libre de coronavirus. Os demais concellos, Beariz, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.