Este sábado día 11: Liga de karate en Ribadavia


RIBADAVIA ACOLLERÁ A 2ª XORNADA DE LIGA GALEGA KÁRATE.

RIBADAVIA RECIBIRÁ O SÁBADO A  CASE 600 DEPORTISTAS COAS SÚAS FAMILIAS.

Este sábado 11 de marzo levarase a cabo en Ribadavia a segunda xornada da Liga Galega de Kárate da tempada 2022-2023. Un evento de carácter
promocional que se celebrará no Polideportivo Municipal “OConsello” en horario de mañá e de tarde, comezando a xornada
de mañá a partir das 10:00 horas, e a da tarde a partir das 16:30horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Consello Municipal de Deportes de Ribadavia estamos moi satisfeitos de ter conseguido un ano máis que este campionato veña a Ribadavia, e estamos moi agradecidos á Federación Galega de Karate por ter confiado en nós. Un evento no que levamos meses traballando da man da Federación.

Dita competición abarcará as modalidades de Kumite e Kata, nas seguintes
categorías; pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete,estruturándose en dous niveis; iniciación e avanzado.

Nesta competición participarán un total de 579 inscritos e 30 clubes, e está dirixida ás categoría base, coa finalidade de lles ofrecer espazos de mellora e crecemento deportivo.

Desde o Concello agardamos unha fin de semana deportiva de moi bo ambiente en Ribadavia,  cunha importante afluencia de visitantes de toda Galicia, case 600 participantes de entre 3 e 18 anos coas súas familias, que visitarán a nosa vila xerando un gran ambiente e convertendo a Ribadavia na capital do karate galego.