O Psdeg de Ribadavia insta ao concello a dar traslado á Deputación da necesidade de eliminar un punto negro de accidentes nunha curva da ou-0305 no núcleo da Foz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os e as socialistas consideran “urxente” que se proceda a buscar solucións a unha zoa que supón un “grave” perigo para a seguridade de condutores e peóns, tal e como queda acreditado cos numerosos accidentes que se producen neste punto

Dende o grupo municipal socialista afirman que nese tramo “non hai espazo seguro para levar un carro da compra, de crianzas ou para desprazamentos en cadeiras de rodas ou en bicicleta

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia, 24 de abril de 2024. O PSdeG-PSOE de Ribadavia vén de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria do xoves na que insta ao concello a trasladarlle á Deputación, titular da OU-0305 a necesidade de eliminar un punto negro de accidentes nunha curva no núcleo de poboación da Foz. Os e as socialistas consideran “urxente” que se proceda a buscar solucións a unha zoa que supón un “grave” perigo para a seguridade de condutores e peóns, tal e como queda acreditado cos numerosos accidentes que se producen neste punto.

Dende o grupo municipal socialista explican que este inverno, por mor das frecuentes choivas, detectouse que a curva á altura da pasarela sobre o río Avia, no termo municipal da Foz, “é escenario de frecuentes saídas de vía”. Tal e como apuntan os e as socialistas “os vehículos accidentados vanse contra a parede ou contra as varandas protectoras contra o río, na maioría dos casos por derrapaxes debido ao estado esvaradío da curva por mor da choiva e o frío”.

Os concelleiros e as concelleiras socialistas destacan que os problemas de seguridade neste tramo da OU-0305 afectan tamén aos peóns, ao tratarse dun tramo frecuentado pola veciñanza, moitos xa maiores, por peregrinos que realizan o camiño Ribeiro Miñoto e por visitantes que estacionan o coche na chaira anterior e acceden a pé a Ribadavia, especialmente en época de eventos importantes. “A situación agrávase cando os vehículos perden o control e desprázanse contra as varandas, xa que ao non existir beirarrúas ou outro elemento protector en 15 metros, os peóns atópanse nunha situación de máximo risco”, denuncian.

Dende o PSdeG-PSOE de Ribadavia afirman que nese tramo “non hai espazo seguro para levar un carro da compra, de crianzas ou para desprazamentos en cadeiras de rodas ou en bicicleta”. Apuntan a que a solución “máis segura”, seria “dar continuidade a rampla da pasarela, como un paseo fluvial por detrás das varandas ata o paso de peóns”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------