A ‘III Mostra de Viños’ permanece aberta na Praza Maior do Carballiño toda a fin de semana con nove adegas da D.O. Ribeiro e Portugal

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño inaugurou na tarde do venres cunha extraordinaria afluencia a terceira edición da ‘Mostra de Viños’ na Praza Maior da vila, un evento que marida os mellores viños da contorna con música e actuacións en directo. O alcalde en funcións, José Castro-Gil; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; Mariluz Expósito, presidenta da Ruta do Viño do Ribeiro, e Juan Mnauel Casares, expresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, participaron na cita inaugural.

Esta ‘III Mostra de Viños’ dá o pistoletazo de saída da programación da 64ª Festa do Pulpo, que ofrecerá máis de 40 actividades culturais e lúdicas ata o domingo 9 de agosto. Un total de nove adegas participan no evento: Eduardo Bravo, Pazo Tizón, Casal de Armán, Viña Carpazal, Viña Costeira, Eladio-Arco da Vella, Eulogio Collarte, Adega As Pegas e Casttêdo Valley Douro. Esta última firma procede de Alijó, a localidade lusa irmandada co Carballiño en 2004.

Hoxe sábado, o recinto de exposicións vinícolas abrirá as súas portas esta mesma tarde, de 20,00 a 00,00 horas, estando previsto para as 23,00 horas o concerto do grupo de folk tribal Zeltia Irevire.

Xa mañá, domingo, a mostra abrirá de 12,00 a 15,00 horas, con animación do Cuarteto de Música Tradicional do Irixo, e de 20,00 a 23,00 horas, cunha actuación, no intre da apertura da tarde, da Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, que neste 2026 cumpra o seu medio século de traxectoria.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------