Uxía Lambona e a Banda Molona, actuarán o domingo para os máis pequenos.

A explanada do parque municipal (fronte ao monumento dos Irmáns Prieto”), será o marco no que se desenvolva este sábado, 18 de xullo, a partir das 21,30 h., unha representación teatral de monicreques, actores e audiovisuais, especialmente indicada para o público familiar e infantil a partir dos 5 anos.

Trátase da compañía “Mar Rojo Teatro” que representará a obra “Azul y la revolución de los colores”, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA).

A entrada para este espectáculo é totalmente de balde, con aforo limitado, e desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención establecidas polo covid 19: uso obrigatorio de máscara, lavado de mans con hidroxel e separación interpersoal de 1,5 m.

Mar Rojo Teatro profundiza no riguroso esquema social dun formigueiro, a través dos ollos dunha formiga Azul que se fai preguntas. O espectáculo, basado nos libros da serie Azul, de Rafael R. Valcárcel, mezcla varias técnicas como os títeres, o traballo actoral, os audiovisuais e a luz negra.La historia, que combina as escenas cómicas coas dramáticas e las aventuras con momentos cheos de maxia, consigue queol espectador se introduza no espectáculo e disfrute del intensamente.

Continuando coa programación cultural dirixida especialmente ao público infantil e familiar, este domingo, 19 de xullo, estará na explanada no parque municipal (fronte ao monumento dos Irmáns Prieto) Uxía Lambona e a Banda Molona, que ofrecerán o seu espectáculo a partir das 20,00 h., coa entrada totalmente de balde e coas normas de seguridade e prevención establecidas polo covid 19.