Os bombeiros de Carballiño teñen que excarcerar ao condutor dunha furgoneta que caeu por un desnivel de 15 metros en Maside

Onte luns sobre as 8:30 da mañá na N-541 á altura da parroquia de Santa María de Amarante os bombeiros da ACD Carballiño-Ribeiro foron alertados polo 112 por unha saída de vía, no concello de Maside.


A saída foi nunha zona de difícil acceso, xa que se precipitou por un talud de uns 20 metros e acabou chocando contra unha árbore
Tiveron que excarcelar o único ocupante do coche.

Posteriormente foi atendida polos servizos médicos e evacuada en ambulancia. Ademais, ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil.

PUBLICIDADE ELECTORAL