A Xunta destina 1m€ a unha nova orde de axudas para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial lembrou que está aberto o prazo de solicitudes destas axudas na súa visita ao circuíto de prácticas de condución da Autoescola Sanfrande, no concello do Pereiro de Aguiar

  • Manuel Pardo informou sobre a convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, para obter o certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como os permisos de condución das clases C e D
  • O delegado territorial destacou que esta iniciativa ten como obxectivo facilitar a incorporación de condutores profesionais ao mercado laboral, e mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación, ampliando as súas competencias e o seu currículo
  • No que atinxe á intensidade das axudas, o representante autonómico sinalou que o importe máximo que percibirá cada persoa será de 1.200 euros, tanto para a obtención do permiso de condución das clases C, C1, C+E, D, D1, D1+E e/ou D+E como para a do certificado de aptitude profesional (CAP)

Ourense, 28 de maio de 2026.- O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá, no concello do Pereiro de Aguiar, o circuíto de prácticas de condución da Autoescola Sanfrande, para informar sobre a segunda convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, para obter o certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como os permisos de condución das clases C e D. O delegado territorial explicou que esta iniciativa da Xunta, dotada cun millón de euros, ten como obxectivo facilitar a incorporación de condutores profesionais ao mercado laboral. Nesta liña, explicou que a través desta orde o Goberno galego quere mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación, ampliando as súas competencias e o seu currículo, como elemento de profesionalización, e promover a súa incorporación ao mercado laboral.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Manuel Pardo, acompañado do presidente da Asociación de Autoescolas de Ourense, Luís Novoa, detallou que a convocatoria, aberta ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito, inclúe dúas liñas. Unha delas destínase a subvencionar os cursos realizados, coa cualificación de apto, para obter o certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial ou de ampliación ou promoción, para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada. A outra liña subvencionará a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E.

No que atinxe á intensidade das axudas, o representante autonómico sinalou que o importe máximo que percibirá cada persoa será de 1.200 euros, tanto para a obtención do permiso de condución das clases C, C1, C+E, D, D1, D1+E e/ou D+E como para a do certificado de aptitude profesional (CAP). Na modalidade de ampliación ou promoción, a contía máxima será de 300 euros. En todo caso, a axuda non pode exceder o total aboado polo alumnado nin superar os 3.900 euros no caso de percibir axudas a través das dúas liñas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Requisitos e período subvencionable

As persoas interesadas en acceder ás axudas terán que realizar e superar previamente o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional durante o período subvencionable. Non será preciso superar o exame CAP para recibir o pagamento da axuda. Porén, deberán intentar aprobar o exame presentándose a un mínimo de 4 convocatorias no período dun ano, desde o remate do curso, salvo que superen o exame nas convocatorias anteriores. No caso contrario, as persoas beneficiarias deberán reintegrar o 20 % do importe da axuda percibida. Por outra banda, para seren persoas beneficiarias da liña 2, deberán obter un ou varios dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 ou D1+E durante o período subvencionable.

O período subvencionable comprende desde o 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro do 2026, ambas as datas incluídas. Neste período as persoas solicitantes deberán superar os cursos de formación CAP e obter os permisos de condución correspondentes, para ter dereito a percibir a axuda. O pagamento tamén deberá realizarse dentro do período subvencionable e non se admitirán pagamentos realizados en efectivo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------