O comité clínico pon o foco en Maside, que mantén hoxe 10 casos activos, igual ca Boborás. O Carballiño conta con 7 casos

coronavirus

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 28, unha cifra que se balancea pola evolución de catro concellos.

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 7 contaxiados, trala subida dun caso nesta fin de semana.

Boborás é o concello que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 10 positivos, os mesmos casos ca dende o sábado, no que baixou tres casos.

Publicidade Premer na Imaxe

Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento na pasada semana debido a dous brotes. Hoxe mantén 10 contaxios, tras pasar dos 8 o pasado sábado. O comité mantén a Maside en vixilancia e mañá decidirase se se toman medidas más restritivas.

San Cristovo de Cea conta cun positivo.  E os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE