O Delegado da Xunta en Ourense participa na presentación da mobile week ourense 2022

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Mobile Week Ourense 2022, que se desenvolverá entre o 15 e 18 de setembro. A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona, conta co apoio activo da Xunta de Galicia.

A Mobile Week Ourense 2022 está deslocalizada pola provincia e perfilada baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.

AVANTAR ACTIVIDADES