O persoal de enfermería do Centro de Saúde do Carballiño organiza dous obradoiros os días 18 e 19 de decembro dirixidos ás persoas que teñen ao seu cargo o coidado de persoas inmobilizadas. Trátase de aportar información e experiencia referidas á alimentación, vestido, hixiene, mobilizacións, exercicio físico, primeiros auxilios, prevención de úlceras por presión, axuda psicolóxica e outras circunstancias que acontezan nestes ámbitos.

Os obradoiros terán lugar no propio centro de saúde (Aula 101-Planta 1), nos seguintes horarios: O 18 de decembro, de 10,00 a 11,30 h., ou ben o 19 de decembro, de 16,30 a 18,00 h.

Para participar hai que cubrir un formulario e entregarllo ao persoal de enfermería do centro de saúde.