O concello de Maside tamén está optando por retomar algunha das súas actividades culturais ca proxección mañá do filme María Solinha

José Manuel Iglesias Araujo, alcalde de Maside

Dentro das actividades da Primaveira Cultural, iniciado o ano pasado con éxito de participación, O Concello opta por reactivar o ocio para a vila de Maside paulatinamente. A primeira será a estrea de María Solinha este sábado, que será con entrada gratuíta. Antes da proxección, dous actores virán para explicar ó público os detalles de cómo se fai unha rodaxe. Ás 22:00 horas será o momento do filme. Tamén está previsto a realización dunha obra de teatro por parte do grupo Dar Trela. O próximo luns comeza o cmapamento para os cativos da vila, con todas as medidas de seguridade

Publicidade

Por último, o alcalde tamén fixo referencia ás ideas que están a pensar para poder levar a cabo as festas patronais ó final deste verán.