O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as axudas ó tecido económico de Boborás

O Concello de Boborás aprobou en pleno unha modificación de crédito para dar axudas ao sector da hostalaría e do turismo do municipio. Hoxe, o Boletín Oficial da Provincia publica o extracto deste programa de subvencións, ca finalidade de axudar ós traballadores afectados polo peche perimetral e por cese de actividade ó ser un sector dentro dos non esenciais. En total serán 300 euros por autónomo, un total de 15 no municipio, e unha Peme, ascendendo a un total de 4.800 euros. Estas axudas serán compatibles coas autonómicas e demais organismos.
O grupo de Goberno toma esta decisión para apoiar o sector máis castigado pola Covid-19, coa restrición perimetral de mobilidade e tamén co peche da actividade non esencial. Así beneficiaranse tanto bares, restaurantes e casas de turismo rural.

Publicidade