Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:
O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)
Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”


Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos.

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:
https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.
A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.
A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.
BADAL NOVAS
Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.

(Wikipedia)
A Beata Eriz, Ilduara (Portomarín? (Lugo), c. 886 – Vilanova (Ourense), c. 958.), foi unha piadosa condesa, fundadora do mosteiro de Celanova e nai de San Rosendo, bispo de Mondoñedo.
Filla de Ero e Adosinda, gozou de ampla proxección social na Galicia do século X. O seu matrimonio con Gutier Menéndez, a principios do século x, vinculouna cun dos grupos aristocráticos con máis peso no reino leonés. O matrimonio reside durante algún tempo en Salas, nas proximidades de Porto. Alí nace o primeiro dos seus fillos, Rosendo; virán logo catro máis: Munio, Froila, Adosinda e Ermesinda. Trasladada a familia ao territorio da actual Galicia, as paisaxes que lle foron máis familiares localízanse ao redor de Portomarín, onde o matrimonio tiña unha residencia, e, sobre todo, en Vilanova, actual Vilanova dos Infantes, preto de Celanova, onde estivo a súa residencia principal. Alí discorreu a parte principal da vida de Ilduara ( Aldara en galego). Foi na contorna inmediata da súa casa de Vilanova, onde, xa viúva e xunto co seu fillo Rosendo, fundou e construíu, entre os anos 936 e 942, o mosteiro de Celanova, convertido enseguida nun centro monástico de primeira importancia na Galicia da segunda metade do século X. E, alí tamén, xunto á súa casa, no mosteiro de Santa María, cuxa fundación ela mesma impulsara, pasou os últimos anos da súa vida. (Extracto do texto da Real Academia da Historia)


1. BAZAR RELOJERÍA “BARRANCOS”
Na planta baixa do edificio propiedade de José Peña, atopábase este comercio de reloxería e enxoval era propiedade do matrimonio JOSÉ RODRÍGUEZ GARCÍA e CELSA PEREIRA CORRAL da familia de “Os Barrancos”. O matrimonio tivo dous fillos, Pepe, enxeñeiro, e Evaristo, ordenanza do Casino


3. Abogado: Don AURELIO MIRAS AZOR
Na planta baixa do edificio propiedade de Francisco Romero Veiga, tivo un tempo o seu bufete o coñecido avogado don AURELIO MIRAS AZOR.
Don Aurelio estaba casado con dona ESPERANZA PORTUGAL CAREAGA, coherdeira de don PERFECTINO VIÉITEZ RODRÍGUEZ. O matrimonio tivo tres fillos: MARÍA TERESA, AURELIO e JUAN ANTONIO.

Ademais da avogacía, don Aurelio exerceu como profesor no colexio de don Juan Corral.

Fixo incursións na literatura. A publicación dun dos seus relatos, a novela titulada “O agüista”, foi obxecto, no seu momento, de inxustificadas controversias.
A Corporación municipal expresa a unánime repulsa a súa publicación en sesión de outubro de 1950.
En máis dunha ocasión, oín comentar aos seus coetáneos que había moita xente en Carballiño (homes, por envexa e mulleres, por despeito) que non lle perdoarían nunca que un forasteiro levouse ao mellor partido do pobo Dona Esperanza Portugal



Cando o señor Romero obrou, don Aurelio trasladou o seu despacho ao número 5 de General Mola (Curros Enríquez).


4. BAR “NUEVO”


O negocio do número 2 , coñecido como “Bar Nuevo”


O bar era un dos máis concorridos do pobo.

O bar pertencía a ANTONIO LÓPEZ RODRÍGUEZ, casado con Dolores Pérez Estévez con quen tivo tres fillos: Antonio, Javier e Manuel (o pai de Christian).


Antonio realizou algunhas obras no local para modernizalo




5. SASTRERÍA MANOLO


A sastrería de MANUEL LÓPEZ SOTO, estaba situada no baixo da casa da súa propiedade, tal como despréndese do documento adxunto:





6. MÉDICO don FRANCISCO PIÑEIRO
Don FRANCISCO PIÑEIRO RODRÍGUEZ tiña a consulta na planta baixa do edificio familiar.



A Don PACO PIÑEIRO RODRÍGUEZ gárdolle gran agarimo. Foi o meu médico de familia mentres vivín en Carballiño e teño que agradecerlle a súa axuda e as atencións recibidas. ( Nota de Santiago Cacho )


8. CAFETERÍA “EL CASERÍO”
O edificio no que se atopaba este café era propiedade de Felisindo Álvarez Xesteira.



O propietario do establecemento era Perfectino Viéitez, “Tino”, sobriño de don Perfectino Viéitez, polo que ao café coñecíaselle tamén por “O Herdeiro”.









10 HOSPEDAJE EVARISTO “TOCO”
Esta antiga hospedaxe familiar pertencía a EVARISTO RODRÍGUEZ, pai de APOLINAR, o relojero. No edificio viviu ata falecer a neta de “Toco” María José Cuevas.
.png)
A Evaristo coñecíaselle familiarmente como “TOCO” ao perder unha man como consecuencia dun accidente.

11. DENTISTA: Don J.M. CANCIO
O edificio pertencía a dona María Valeiras, tal como despréndese do documento adxunto.

Don José María CANCIO SANJURJO tiña o domicilio e a clínica no primeiro piso. Estaba casado con Teresa Cibeira. O matrimonio tivo dúas fillas, Marité e Rosamari, e un fillo, José Manuel.



ALMACÉN DE MUEBLES
Antes de reformar o edificio, a planta baixa estaba ocupada por un almacén de fariñas. Instalouse posteriormente no local unha sucursal dunha mueblería ourensá, propiedade de CLEMENTE HERMIDA- CACHALVITE e GARZA

12 a 16 C.H.E.D.A.

A COMPAÑÍA HIDROELÉCTRICA DO ARENTEIRO, a empresa fornecedora de enerxía eléctrica para toda a comarca de O Caballiño , inaugura en 1961 o salto de Cabanelas, cuxas obras se iniciaron nos anos 30 baixo a dirección do entón inxeñieiro xefe José Muñoz, coñecido por “Pepe Bouteiro”.



A CHEDA era a empresa local máis forte e un dos maiores contribuíntes


O suministro eléctrico representaba un dos maiores gastos para o municipio.

Pero a CHEDA sigue sendo un bo contribuinte.


A mediados da década dos 60, a CHEDA foi absorbida por FENOSA, que levou a cabo un certo número de melloras no servizo.




En agradecemento, o municipio concedeu ao presidente de Fenosa, Pedro Barrié de la Maza, a medalla de prata da Vila.

15. COMESTIBLES DOSINDA
Rexentaba esta tenda de ultramarinos DOSINDA GONZÁLEZ SANPAYO, viúva de JOSÉ GONZÁLEZ, falecido en 1959.

O matrimonio tivo dous fillos: MANUEL e SARA, quen secundaba á súa nai nos quefaceres da tenda.






19. CARPINTERÍA VALEIRAS
O propietario da carpintería era RAMÓN VALEIRAS ÁLVAREZ, casado con PEREGRINA FERNÁNDEZ FIGUEREDO, pais de Camilita.



CamilitaValeiras (hija)
22. CANTINA “BEN FEITO”
Atendían o negocio de tasca de comidas EVARISTO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, familiarmente coñecido cono “O Benfeito”, e a súa esposa MARÍA LÓPEZ MATO. O matrimonio tivo dous fillos: SARA (casada con Camilo Valeiras “Labrador”) e PEPE.

23. CARPINTERÍA CRESPO
Anteriormente afincado no 4 da Carreira, o carpinteiro Serafín Crespo, natural do Torrón, estaba casado a señora Lola Temes, coñecida como “A Xacoba”. O matrimonio tivo tres fillos: o futbolista Manolo, Lolita, casada con Manuel Álvarez, o carteiro “O Virola” e Conchita, Casada con Ramón Garriga “O Moucho”.
24. MATERIALES “SUBITA”
O almacén de materiais de construción pertencía a JOSÉ GONZALEZ MUÑOZ, familiarmente coñecido por ” SUBITA” e casado con LOLA RODRÍGUEZ, do hotel Celia.





Ademais dos materiais, Subita comerciaba con viños.

25. COMESTIBLES JUNCO “ O ABISINIO”
A tenda estaba rexentada polo matrimonio ABELARDO JUNCO e a súa esposa MARÍA ANGUSTIAS LORENZO FERNÁNDEZ. Para o seu negocio, Abelardo optou por chamalo “Abisinio”, o alcume dun cuñado seu, moi coñecido no pobo.


.png)
26. TRANSPORTES GONZÁLEZ “BACALAO SECO“
O alcume de CAMILO GONZÁLEZ PUGA provén da familia da súa esposa, apellidada Calvo. A Camilo e aos seus fillos, Evaristo, Toñito, Pepe e Esperanza, coñecíallos no pobo con ese alcume, “Os Bacalao Seco”, e dedicábanse ao transporte de mercadorías.



28. COSTURA TERESA FUMEGA
María Teresa Fumega dedicábase especialmente a confeccionar pantalóns.

29. FONTANERO RAMIRO
O coñecido fontaneiro que tiña o taller neste número era RAMIRO FRANCISCO PERERIA, casado con AUREA LORENZO.
O Matrimonio tivo dúas fillas: Pili e Aurea.
30. HOTEL-BAR “PITUXO”
O establecemento tiña a súa entrada principal por Conde Vallellano.
FOTO DOS EDIFICIOS QUE FACIAN ESQUINA NA PRAZA DA MINA
AGRADECEMENTOS
En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.



BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:
Miguel Anxo Pichi Diz Potiños
Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.
Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel
Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com
Manuel Amil Otero. novembro de 2023