A Feira do Stock apraza a súa celebración para a próxima fin de semana

A Feira do Stock do Carballiño, organizada polo Centro Comercial Aberto, estaba prevista para a súa celebración nesta fin de semana. A causa da situación meteorolóxica, na que se prevén choivas, a súa organización, logo de escoitar as opinións dos establecementos participantes, tomou a decisión de modificar as súas datas para a próxima fin de semana, os días 18, 19 e 20 de marzo.

Unha ano mais, a Feira de Stock ten a finalidade de liquidar os artigos de tempada, cos mellores prezos, e dun xeito máis atractivo, ubicándose da Praza Maior, e sumado a animación de rúa.

AVANTAR ACTIVIDADES