Correos e o Concello do Carballiño asinaron un convenio polo que se comezaba a promover a Festa do Pulpo en Correos de 8 provincias españolas.
A cidadanía poderá coñecer esta festa declarada de Interese Turístico Internacional a través de pantallas situadas nas oficinas de Alacante, Barcelona, Madrid, Segovia, Sevilla, Valencia, Zamora e Zaragoza.
A Festa do Pulpo celebra en 2022 a súa 60 edición, dedicada ao ano Xacobeo e celebrarase, como é tradición, o segundo domingo de agosto. O parque municipal do Carballiño acollerá a gran romaría na que miles de persoas degustarán este emblemático produto gastronómico.
Con este novo servizo de pantalla nas Oficinas de Correos, o Concello do Carballiño atopa unha nova canle de promoción da Festa do Pulpo distribuída por toda a xeografía española. As pantallas colocadas en Correos teñen unha gran visibilidade entre os cidadáns: en 2021 as oficinas españolas rexistraron máis de 89 millóns de visitas.