O concello anunciou a reapertura dos parques infantís esta fin de semana

Os parques infantís foron o primeiro que se precintou e se pechou para os usuarios no mes de marzo, antes incluso da corentena. Dende aquel entón, no Carballiño non puideron estar operativos, supondo que os máis pequenos tivesen que buscar espazos coma o entorno da Veracruz ou o parque municipal como zona de xogos.

No último pleno, celebrado na xornada de onte, a voceira do BNG, Sofía García, preguntaba pola apertura dos parques, xa que hoxe mesmo serían os bares os que retomasen a súa actividade. O alcalde, Francisco Fumega, asegurou que esta mesma fin de semana volvería a estar operativos, con medidas de seguridade. Dende onte, puidose ver a operarios de limpeza facendo labores de desinfección.

AVANTAR ACTIVIDADES