Cinco competidores da Escola Madokoan do Carballiño participarán no Campionato do Mundo ISKA que se celebra en Madrid. Trátase de Ares Caldera, Lorena da Silva, Uxía Teixeira, Valeria Riveiro e Yago Brito, integrantes da Selección Española ISKA por mérito propio, tras quedar campións de España nesta mesma tempada.
Ares Caldera pelexará en light contact e K1 light na categoría de menos de 50 kg; Lorena da Silva en light contact, K1 light e kicklight en menos de 65 kg; Uxía Teixeira competirá en light contact e en K1 light para máis de 65 kg; Valeria Riveiro en semi contact de máis de 50 kg e, finalmente, Yago Brito participa en light contact e K1 light en menos de 65 kg.
Dende a dirección da Escola Madokoan apuntan que “o traballo xa está feito, agora queda desfrutalo e obter os mellores resultados posibles” e desexan “a mellor das sortes” aos cinco integrantes deste centro deportivo carballiñés.















