O comité clínico plantexa eliminar as restricións de mobilidade nocturna en dúas semanas

O comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións fronte á covid-19 reuniuse de novo esta tarde para analizar os datos dos concellos unha semana despois de tomar as últimas medidas. Aínda que non están previstos grandes cambios, o horizonte está posto nun par de semanas, en poder eliminar as restricións de mobilidade nocturna e o dereito a reunión.

Ademais, a Comisión de Saúde Pública estuda tamén se se amplía a vacinación monodose de Janssen á poboación entre os 40 e 49 anos. Polo momento non ten limitacións de idade aínda en España so se está administrando a maiores de 50 anos e colectivos vulnerables.

AVANTAR ACTIVIDADES