Comeza a sesión de moción de censura en Castrelo de Miño

IES CHAMOSO LAMAS

Veciños e simpatizantes políticos das distintas formacións achegáronse ata o salón de plenos de Castrelo de Miño, ateigando esta sala e os exteriores para estar presentes durante este acto. Os simpatizantes do BNG apoiaron ó seu actual goberno local rexeitando a moción de censura e o transfuguismo no que está basada.

O actual alcalde, Esteban Suarez, declara que o posto que ocupará o portavoz do Partido Popular como novo alcalde será ilexítimo e fraguado nos despachos da Deputación, non avalo polos veciños. Ademáis, Suarez resalta que só terá esa oportunidade os tres anos que restan, porque no 2023 volverá o BNG a gañar nas urnas. Finalmente, Suarez despídese da alcaldía agradecendo á veciñanza o seu apoio.

HIPER MASIDE