O PSOE cuestiona a cancelación do pleno de Leiro pola Covid-19

O PSOE mostrou o seu desacordo ante a espera de que o concello convoque unha xunta de portavoces solicitada para analizar a situación da Covid.

Tamen quixeron reseñar que non están de acordo ca anulación do pleno do próximo luns, unha cancelación motivada, segundo o concello, polas novas medidas restritivas e as reformas que se están a facer na Casa Consistorias. Consideran que hai unha contradición, xa que para a tarde hoxe foron convocados nestas mesmas instalacións para celebrar un pleno extraordinario da Mancomunidade Turística xunto con 11 concellos membros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Consideran que non entenden as razóns do alcalde e pediron que se cancelara a sesión de hoxe, alegando que “hai unha razón sumamente lexitima para non celebralo, porque non se esta a dar exemplo os veciños que por un lado lle estamos exixindo responsabilidade e o concello non as cumpre”.