Hoxe relizaránse test de covid 19 no Asilo de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

HOXE VENRES REALIZARÁNSE TEST DE COVID19 AOS USUARIOS E OS TRABALLADORES DO ASILO DE RIBADAVIA

Así o ven de informar o alcalde de Ribadavia, César Fernández, segundo lle informaron as autoridades sanitarias correspondentes. Sobre esta cuestión, que xerou polémica coa oposición, o alcalde aclara nun comunicado nas redes sociais do concello, que non va a tolerar que se diga que dende a alcaldía non se ten feito todo o posible para conseguir a realización destas probas. Asegura que o pasado 30 de marzo enviaron un escrito á consellería de sanidade solicitando a realización destes test non só no asilo, se non tamén ás traballadoras do servizo de axuda no fogar. Esta petición reiterouse os días 2, 6, 8, 14 e onte mesmo 15 de abril. Estes escritos enviaronse por a vía administrativa adecuada co correspondente rexistro de saída do Concello de Ribadavia. O feito de que as probas non se fagan ata mañá, explica o alcalde, obedece simplemente a que dende o servizo galego de saúde se seguen uns criterios obxectivos para determinar a orde de prioridade para a realización das probas; de tal xeito que as probas realizáronse primeiro en residencias con un maior número de residentes e con maior influencia do virus.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

OS SERVIZOS MUNICIPAIS E OS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE RIBADAVIA TRABALLAN A REO PARA MANTER A VILA DESINFECTADA

O alcalde de Ribadavia, César Fdez, destaca o inmenso traballo que están a facer todos os servizos municipais e o voluntariado de protección civil en todas as tarefas que se están a desenvolver nesta campaña de loita contra o COVID-19. Labores de desinfección diarias que se fan de xeito mecanizado, con tractores, e tamén manualmente.

Os traballadores do GES de Ribadavia fan labores diarias de desinfección manual no exterior do asilo e do centro de saúde (dúas veces ao día) ademais de no entorno das residencias e centros de saúde de Leiro e Melón.
Ademais disto, os traballadores de servizos municipais, do servizo de limpeza viaria e os do servizo de obras están volcados nesta tarefa.

As obras de feito, están baixo mínimos e con quendas rotatorias para cubrir só emerxencias. Sí que hai al´gunha obra activa, correspondente ao Plan provincial de obras da deputación estáse facendo unha mellora no núcleo da Franqueirán.

VIDEO