Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A existencia de espazos públicos seguros de encontro e descanso, que fagan posible a relación entre os cidadáns, é fundamental para acadar unha vila saudable. E, polo tanto, non me resisto a comezar este artigo sen deixar de subliñar o transcendental papel dás prazas como zonas de esparexemento de proximidade, que teñen unha especial importancia en vilas cunha pirámide demográfica moi envellecida (como a de Carballiño), polos beneficios psicolóxicos e físicos que producen.

Deste xeito, A CREACIÓN DE PRAZAS PARA A CONVIVENCIA E O LECER É UN ELEMENTO CRÍTICO NO DESENVOLVEMENTO URBANO, como tamén o é a do seu funcionamento conxunto formando unha rede, así como a da súa conexión coa natureza periférica. En consecuencia, a potencialidade de utilización destes espazos públicos estaría ligada a súa funcionalidade como zona de esparexemento de proximidade, así como á capacidade de intercomunicación peonil do seu conxunto formando unha rede.

O centro urbano de Carballiño ten tres grandes espazos con clara vocación e función estancial: a Zona da Veracruz (cerca de 7.500 m2), o Conxunto Alameda/Praza do Emigrante (algo máis de 7.000 m2) e a Praza Maior (preto de 2.500 m2).

A necesidade de alcanzar una funcionalidade, no que se dean as condicións estanciais de espazo, acougo e serenidade necesarias para a convivencia, estarían limitadas pola fragmentación física existente, tanto no Conxunto Alameda/Praza do Emigrante como na Praza Maior, pero especialmente na primeira.

Como xa comentei no anterior artigo, a irrupción da Estrada Nacional N- 541 (Ourense – Pontevedra) no centro urbano de Carballiño converteuse nun elemento estruturante que supuxo fragmentar o espazo público, que formaba parte do asentamento tradicional que existía ata entón, en dous lugares que a partir dese momento adquiriron unha especial relevancia polo seu uso contraposto: a Alameda, espazo de lecer e de ocio, e o Campo da Feira, lugar de encontro para a actividade económica.

Esta fragmentación non só alcanza ao ámbito da Alameda/Campo da Feira se non que se estende máis alá ata converterse nunha verdadeira fronteira dificilmente franqueable entre o norte e o sur do casco urbano.

Co desprazamento da Estrada N- 541 cara ás zonas máis periféricas eliminouse o tráfico de paso, pero persistiu á progresiva presión exercida polo aumento da continuada presenza de automóbiles do tráfico local, feito que mantivo a separación física e en consecuencia o illamento do espazo público en doas pezas urbanas claramente diferenciadas.

Posteriormente, a finais do ano 2003, tivo lugar a inauguración dun aparcamento subterráneo, con capacidade para preto de 250 prazas, con entrada e saída na estrada de separación das duas pezas urbanas, e enfrontadas a escasos metros unha da outra, o que deu lugar a un aumento do efecto barreira. Como resultado, o aparcamento subterráneo agravou moito as xa difíciles condicións de accesibilidade entre a zona norte e a parte sur desta unidade espacial.

Neste contexto, considero que PARA CORRIXIR A DESFUNCIONALIDADE DO CONXUNTO ALAMEDA/PRAZA DO EMIGRANTE, É IMPRESCINDIBEL RESTRINXIR E MODIFICAR OS ESPAZOS ACTUALMENTE ADICADOS Á CIRCULACIÓN MOTORIZADA, para que veciños e veciñas podan desfrutar deste espazo público e, sobre todo para que os colectivos máis vulnerables tales como persoas maiores e nenos, o podan facer con comodidade e sen temor.

No caso do aparcamento subterráneo se me ocorren tres opcións: deixar o sentido de entrada e de saída como está, cambiar o sentido das entradas actuais, ou mudar as entradas de sitio.

No primeiro caso, como a rúa se convertería en sentido único, a accesibilidade da entrada o aparcamento para os condutores procedentes da zona oeste e noroeste do concello podería estar condicionada a facer un longo percorrido.

Un cambio de sentido de entrada é de saída facilitaría moito as operacións para utilizar o aparcamento ao permitir o acceso mesmo dos vehículos que veñen na dirección da Rúa Conde Vallellano como dos que o fan dende a Rúa Martínez Avellanosa (ver figura adxunta).

Habilitar unha nova entrada é saída sería tecnicamente viábel pero tería un gran custo económico. Neste caso, entendo que, entre outras opcións, unha solución pasaría por estudiar as posibilidades de darlle saída  ao aparcamento pola rúa Chamoso Lamas.

As modificacións que propoño virían a plasmar a consolidación dun renovado foco de centralidade urbana; de tal xeito que, aproveitando a inercia transformadora que supuxo a renovación da Alameda e da Praza do Emigrante, se revitalice este elemento de referencia para todo o Concello, de maneira que reforce a aposta polo novo modelo de futuro para Carballiño baseado na integración espacial e funcional do espazo público.

A fragmentación física existente na Praza Maior ben dada pola orografía do terreo, motivo polo que a Praza configúrase a través de catro plataformas chairas. As dúas primeiras, se ben teñen un nivel parello, atópanse fragmentadas pola rúa situada no seu lateral norte. A proposta consiste en UNIFICAR AS DÚAS PRIMEIRAS PLATAFORMAS de maneira que se acade un amplo espazo que posibilite aumentar a funcionalidade deste lugar para acoller novas actividades de lecer.

A conexión dos lugares públicos co espazo verde exterior levaríase a cabo a través de percorridos peoniles aos que xa me referín en artigos precedentes, a “Ruta do Balneario” e a “Ruta do Parque”, e dos que me ocuparei con detalle nos próximos días.


Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Inicia a súa actividade profisional na División de Medio Ambiente da empresa INFORMES Y PROYECTOS S. A. (INYPSA). Posteriormente, incorpórase ao Ministerio de Obras Públicas (MOPU) integrándose no equipo formado para poñer en marcha o procedemento de avaliación ambiental previsto na Directiva 85/337/CE, participando na elaboración das primeiras declaracións de impacto ambiental que se redactan en España. Desde fai máis de tres décadas vén levando a cabo a súa actividade nas empresas PROYECTOS MEDIO AMBIENTALES S. A. (PROYMASA) e CONSULTORES EUROPEOS AMBIENTAIS S. L. (CEA), das que é socio fundador. Nun primeiro momento, como membro da Oficina de Asistencia Técnica da Comisión Europea para o control e seguimento do Programa LIFE en España e Portugal e, posteriormente, como Director Técnico da Área de Avaliación Ambiental das dúas empresas. Entre o multifacético abanico de traballos realizados nesta Área desataca a súa vinculación cos aspectos ambientais do urbanismo, un dos máis recentes é a dirección dos traballos para a elaboración do Estratexia Local de Economía Circular, da Federación Española de Municipios e Provincias, na que a “Sustentabilidade dos espazos urbanos” ocupa un importante lugar (https://www.municipiosyeconomi  acircular.org/).


Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

PUBLICIDADE