A ABAU -que afecta este curso a 217.000 alumnos- non se celebrará nas datas habituais senón entre o 22 de xuño e o 10 de xullo na súa primeira convocatoria. A segunda será antes do 10 de setembro. Iso son as datas propostas que, en todo caso, dependerán da evolución da pandemia. Así o acaba de acordar o ministerio de Educación xunto aos conselleiros nunha renuión telemática pesidida pola ministra de Educación, Isabel Celaá. O modelo de exame axustarase á “excepcionalidade” que supón o estado de alarma debido á pandemia do coronavirus para “non prexudicar” aos alumnos que se presentan.