Na tarde de onte, o portavoz socialista de Leiro, Manuel Rodríguez, acudiu e se ausentou do Pleno da Mancomunidad Turística, así o fixo constar en Acta ante os ali presentes: o Rexedor de Ribadavia, Boborás e Carballiño e o resto de membros. Considerou que era unha falta de respecto convocar este Pleno por parte do Alcalde de Leiro, Franciscco José Fernández Pérez a todos os veciño de Leiro e non convocar o Pleno Ordinario que se tería que celebrar o luns, aseguran que poñendo como excusa a crise sanitaria e as obras da Casa Consistorial.
Afriman que o Rexedor pode utilizar outro tipo de canles para celebrar os Plenos como telematico e streaming. Tamén quixeron reseñar o seu total apoio por parte do Partido Socialista a Plataforma Beran no Camiño que tamén se acercou de unha forma pacífica ó Pleno o aire libre para facerse oír ante os Alcaldes para que pase o Camiño Xacobeo por Beran e Lebosende.
ACCIÓN REIVINDICATIVA
Membros da PLATAFORMA BERÀN NO CAMIÑO desplazaronse a tarde do venres ata a localidade de Leiro para protagonizar unha acción reinvindicativa, aproveitando una atípica xuntanza da Mancomunidade Turística Terras do Avia que se celebrou no exterior da casa consistorial.
Unha pancarta alusiva ó paso do camiño xacobeo por Berán foi a protagonista desta acción que pretende que as administracións locais ubicadas no termo municipal de Leiro apoien este iniciativa.
Dende a Asociaciòn CAMIÑO XACOBEO MIÑOTO RIBEIRO coma colectivo impulsor da Plataforma están a traballar en varias iniciativas mais para visibilizar ista problemática e sensibilizar a cidadanìa da importancia de que iste trazado de peregrinación teña a Beràn coma un dos seus referentes de paso, avalado polas traballos de investigaciòn elaborados por historiadores e expertos no fenòmeno xacobeo.